|
Becas Xunta
Becas Xunta de Galicia QUE SON?
- Son bolsas que concede a Xunta de Galicia para o aprendizaxe e perfeccionamento dun segundo idioma nun país da Unión Europea.
- O importe da bolsa é de 1.100 €uros e o ingresan una vez que se fixo o curso.
REQUISITOS - Estar matriculado no curso 2009/2010 nunha universidade de Galicia ou nalgún centro asociado da UNED de Galicia nalgunha titulación de grado, de 1º ou 2º ciclo, o máster universitario.
- Ter unha nota media igual ou superior a 1,50 puntos. No caso de alumnos de ensinanzas técnicas aplicarase un coeficiente corrector de 1,35 puntos.
- Ter superado, no momento da presentación da solicitude, 60 créditos en titulacións de grado e de 1º ciclo ou 120 créditos en titulacións de 2º ciclo. No caso de máster, hai que ter superados os estudos que dan acceso a elles.
- Estar matriculado neste curso cun mínimo de 50 créditos e no caso de máster universitario presencial, dun mínimo de 60 créditos.
- Realizar un curso de mínimo 3 semas e 15 horas lectivas por semana, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2010.
- Quedan excluídos os alumnos que xa resultasen beneficiarios anteriormente e os alumnos que este curso 2009/2010 sexan adxudicatarios dunha axuda de mobilidade Erasmus para perfeccionar o idioma do país.
COMO SOLICITARLA? Hai que presentar a seguinte documentación no Rexistro da Xunta ou por correo certificado a “sobre aberto” onde conste o selo de entrada do funcionario de correos na documentación antes de enviala. · Programa do curso no que consten: ü Período de duración do curso. ü Número de horas lectivas. ü Lugar do destino. · Declaración persoal do solicitante conforme non percibe nin solicitou ningunha outra axuda para realizar este tipo de curso. Pódela descargar no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/node/628 - Documento do banco no que conste o teu número de conta completo e o teu nome como titular.
O PRAZO DE SOLICITUDE FINALIZA O 30 DE ABRIL, pero debes realizala túa solicitude canto antes. Para mais información podes descarga-la convocatoria no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/node/628
|